01 noviembre 2018

Magosto, Samaín e Halloween

Pasámolo moi ben polo Samaín. Disfrazámonos e comimos castañas.
Se clicas na imaxe podes ver que "guapiños" estabamos.
Na web do cole podedes ver que bonito estaba o cole cheo de cabazas;

03 octubre 2018

Un novo curso

Unha nova promoción de 5º de Primaria empeza este novo curso 2018-2019 dispostos a traballar e aprender moitas cousas.

18 abril 2018

Demostración proceso decantación de fangos na potabilizadora da Telva.5º E.P.


Somos Biosfera 2018: Visita á Telva e a Gatocán do alumnado de 5º.

Dentro do Programa de Educación Ambiental Somos Biosfera 2018, o luns 16 de abril participamos nunha saída para coñecer a Estación de Tratamento de Auga Potable da Telva en Cambre e as instalacións da protectora de animais Gatocán en Coirós.
Foron dúas visitas moi interesantes. Na Telva explicáronnos o proceso de potabilización da auga que chega ás nosas casas e a facer un uso responsable deste ben tan preciado.
En Gatocán vimos os gatos e cans que teñen acollidos, que son máis de 150. Puidemos xogar con eles e levámoslles comida para axudar a esta protectora. Animamos a todos a que colaboredes con eles.



24 marzo 2018

20180322 Visionado de Estrelas.


Visionado de Estrelas
A Concellería de Educación do Concello de Sada organizou un visionado de estrelas o xoves 22 ás 21 horas no colexio da man do astrofísico e divulgador científico Borja Tosar, colaborador habitual no Planetarium da Casa das Ciencias.
A actividade foi dirixida ao alumnado de 5º de Primaria por estar relacionada cos contidos que forman parte da área de Ciencias Socias deste curso e tivo carácter voluntario. As familias tiveron achegar aos alumnos ao centro antes das 20,45 horas e recollelos ao remate da mesma, sobre as 22, 15 horas. A Concellería convidou aos participantes a un chocolate con churros. O tempo non axudou pero recibimos unha magnífica charla sobre Marte, o espazo e os telescopios xigantes.Pasámolo moi ben.
Grazas Omix Sada!
Grazas Borja!

01 marzo 2018

28 Febrero 2018 Visitamos a Cerámica do Castro. 5º e 6º


Visitamos unha das industrias máis emblemáticas de Sada: Cerámicas do Castro.

No auditorio explicáronnos a orixe desta industria e o proceso de fabricación.

Na visita á fábrica puidemos ver cada unha das fases de elaboración das pezas de cerámica.

Tamén visitamos o museo Carlos Maside, onde despois de percorrer as súas salas fixemos un xogo que consistía en atopar diversos cadros que había na exposición.

Clica na imaxe para ver as fotos da visita.