Hoxe na nosa aula realizamos unha viaxe incrible.
Non existen palabras que permitan describir o que aprendemos, sentimos...
A nosas verbas son de total agradacemento a Camina Nepal.
Da man de Zalo e Jeewan comprendemos a importancia da solidaridade, corroboramos novamente que as diferencias entre as persoas enriquecen as nosas vidas e que é moito máis o que nos une que o que nos separa.
Comezamos pechando os nosos ollos (algúns/as con desconfianza😛)
Pero aseguramos que pagou a pena. Ao abrilos, estabamos nun lugar moi lonxe da nosa realidade.
Coñecemos a bandeira e o seu significado tanto en forma como en cores e símbolos(buscade, que non imos desvelar todos os nosos segredos 😆)
Falamos de bandeiras budistas, do hinduismo, da gastronomía, das tradicións, celebracións...
Incluso Jewaan falounos da súa experiencia de vida, en primeira persoa. Achegouno ao seu país, fogar, familia...
E, por suposto, coñecemos máis sobre os nenos e nenas da casa de acollida de Hetauda cos que teremos a oportunidade de contactar, aprender e colaborar.
Comezamos coas nosas cartas... rumbo a Nepal. Moita ilusión e agarimo recollidos nun anaco de papel.
Comentarios
Publicar un comentario