A nosa escola en Hetauda

 

Aínda que pareza incríble, dende a distancia, a nosa escola, a nosa aula, está a facer unha lonxana viaxe. 

Xa sabedes que fai pouco Sada y contornos coñeceu Nepal, e hoxe, recibimos a fermosa sorpresa de estar xa presentes en Hetauda.


Os nosos amigos e amigas nepalís recibíronos con moito agarimo e fixeron unha fermosa obra de arte que non esperabamos.

Estamos inmensamente agradecidos. 



Agardamos estar en contacto con vós, aprendendo e camiñando da man cara un mundo solidario, ao longo dos anos. 

Que a aventura continúe!

Comentarios