20 febrero 2024

Correpondencia Intercentros


 Ao longo deste trimestre estivemos a traballar a carta.

Aprendemos sobre os tipos, a súa estrutura, o lenguaxe a empregar e...

como non podía ser doutro xeito, tiñamos que practicar e escribir.

Así pois, para facelo máis interesante e significativo puxémonos en 

contacto cos grupos de 5º de primaria do CEIP Wenceslao Fernández 

Flórez (Cambre). 

E para que vexades como vai o proxecto...

1. Enviamos unha carta colectiva aos nenos e nenas de Cambre para sorprendelos.


2. Enviamos unha presentación de nós mesmos e a nosa unión con cada un deles/as.
 3. Escribimos as nosas cartas.

4.Xa están en camiño.


E agora agardamos a respostas con moita ilusión.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario