As clases comezaron o día 11 de setembro e, dende entón, escóitanse voceciñas dos nen@s por todos os recunchos do cole.
Na aula de 5º non ía ser menos e, aínda que entre compis xa nos coñecemos todos, a nósa mestra é nova no cole e adicamos as primeiras xornadas a ir afondando sobre os nosos gustos, afeccións, inquedanzas...
Aquí vos deixamos unhas fotografías.
Agardamos que este sexa un 5º xenial!
Comentarios
Publicar un comentario