CONSTRUIMOS ADIVIÑAS CON CANVA

 Esta semana comezou unha dinámica proposta polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega chamada "palabreando". Día a día imos descubrindo unha nova palabra no Portal da Lingua Galega, sobre a que investigamos o significado. Ao final da semana, debemos escoller entre todos cal é a que máis nos gusta e construir unha adiviña.

Para comezar, esta semana escollemos "salpicón" e elaboramos entre todos unha adiviña. Buscamos no dicionario da RAG o significado e facendo unha chuvia de ideas, fomos construindo entre tod@s este texto:


Logo foi o momento de sacar os ordenadores para "poñela bonita". Esta vez fixémolo empregando Canva, unha web que iremos usando ao longo do curso elaborar presentacións, carteis, documentos...  do máis chulos!



Aquí vos deixamos unha pequena mostra dos nosos primeiros pasos como creadores de adiviñas e deseñadores:

ADIVIÑA: SALPICÓN de Fatima Reino

Agardamos que vos guste!

Comentarios