Este pasado martes día 22 de outubro acudimos ao auditorio de Sada para recibir o premio que a Real Academia Galega concedeu ao centro polas actividades levadas a cabo durante o pasado curso en relación ao día da nosa lingua e á autora homenaxeada, Luísa Villalta.
A Real Academia Galega premiou tamén os traballos do Colexio Fogar de Santa Margarida (A Coruña) e do CEIP A Espiñeira-Aldán (Cangas).
Da nósa clase, Antonella participou na lectura dun breve resumo das actividades que se fixeron.
Comentarios
Publicar un comentario