Ainda que levemos un tempo sen publicar, non pensedes que foi por non traballar: todo o contrario! Nas últimas semanas non paramos de facer cousas interesantes.
En concreto, esta actividade tivo lugar o pasado venres, cando recibimos na clase a visita de María e Marie, da ONG Tierra de Hombres, que centra o seu traballo na axuda á infancia, especialmente aos nenos e nenas máis desamparados.
Para explicarnos en qué consiste exactamente o seu traballo, contáronnos a historia de Amira, unha rapaza que chegou doutro país coa súa familia fuxindo dunha guerra pero que topou con algún que outro obstáculo: dende o primeiro día, algúns mirábana de forma estrana por ter un tono de pel distinto, non lle permitían xogar, etc.
Logo, entre todos, intentamos buscarlle solución.
Dende logo que foi unha actividade do máis enriquecedora e que nos axudou a reflexionar.
Comentarios
Publicar un comentario