Compoñendo Familias

 Hoxe os nenos e nenas de 5º aprenderon, da man do colexio do Benquerer da existencia de FAMILIAS MOI DIVERSAS. 

Comprendemos que todas elas son igual de marabillosas e válidas. 

Aínda que as palabras eran complexas, aprendemos: 

1. Nuclear: Formada por pai/nai/fillos/as ou pai/pai/fillos/as, nai/nai/fillos/as.

2. Monoparental/Monomarental: Un pai o unha nai cos seus fillos/as.

3. Sen fillos: Familias formadas por persoas sen descendencia.

4. Adoptiva: Aquelas que recurren a adopción para formar a súa familia.

5. Estendida:Cando outros membros da familia forman parte da unidade familiar (avós, avoas, tíos, tías...).

6. Reconstruída: Familias nucleares que se unen.

7. Elixida: Amigos e amigas.

8. Acollida: Familias temporais para nenos/as que o precisan ata que a súa propia familia estea en condicións de coidalos. 

Comentarios