O alumnado de 5º de Primaria xunto cos nenos e nenas de 5º e 6º de infantil realizaron visita á Lonxa de Sada.
Alí aprenderon sobre os barcos que realizan a pesca do cerco, coñeceron a produción de xeo con sal,entraron nun conxelador a -18ºC, tiveron a oportunidade de ver e tocar algúns seres do mar (xurelos,centollos, sepias...) e participaron dunha subasta.
Sen dúbida unha boa forma de aprender sobre o mar da man do noso proxecto MareSada.
Facede clic sobre o logo e accederedes ao álbum da visita.





Comentarios
Publicar un comentario