TEN ESPERANZA (TEI)

 Continuamos a formarnos co programa TEI, esta vez, adicamos a sesión a falar sobre o tan coñecido "Bullyng". 

A través dun rap en primeira persoa, creado por un neno da nosa propia idade, reflexionamos sobre esta problemática de tanta gravidade.


Contestamos individualmente algunhas preguntas sobre o vídeo, a canción, a reacción do público, a nosa opinión persoal... e todos coincidimos na necesidade de dicir BASTA!!

Asemade crearon algunhas estrofas de RAP que paga a pena ler e ter en conta. 

Facer bulling está mal. Se o fas, non pensas coa cabeza, pensas cos pés. As palabras doen, as risas tamén, non o fas sen querer... Non dañes máis, o están facendo mal.

No corredor escoitase un rumor, risas que doen sen cor. Non é un xogo, tampouco é normal, o que para uns é broma, ao outro faille mal...

Olvidas o de onte e o cambias ao teu gusto. Polo túa culpa "me asusto". O bullying é un malandrín, rise de ti e de mín...

Non ao bullying, fainos sufrir. O que che fai rir, fai chorar a quen non queres ver. 




Comentarios