24 marzo 2018

20180322 Visionado de Estrelas.


Visionado de Estrelas
A Concellería de Educación do Concello de Sada organizou un visionado de estrelas o xoves 22 ás 21 horas no colexio da man do astrofísico e divulgador científico Borja Tosar, colaborador habitual no Planetarium da Casa das Ciencias.
A actividade foi dirixida ao alumnado de 5º de Primaria por estar relacionada cos contidos que forman parte da área de Ciencias Socias deste curso e tivo carácter voluntario. As familias tiveron achegar aos alumnos ao centro antes das 20,45 horas e recollelos ao remate da mesma, sobre as 22, 15 horas. A Concellería convidou aos participantes a un chocolate con churros. O tempo non axudou pero recibimos unha magnífica charla sobre Marte, o espazo e os telescopios xigantes.Pasámolo moi ben.
Grazas Omix Sada!
Grazas Borja!

No hay comentarios:

Publicar un comentario