Buscador

28 febrero 2024

Presentación USC (Breixo)

 



Continuamos coas exposición libres e voluntarias  do alumnado.

Están a compartir interesantes investigacións e amosando un dominio das

 técnicas de búsqueda de información e ferramentas tecnolóxicas

 traballadas na aula.

Hoxe, Breixo,  achegounos a USC, a súa historia, facultades, persoas 

que estudaron nela... e contounos diversas curiosidades que

 descoñecíamos. 




26 febrero 2024

Videollamada Sada-Nepal

 

Aínda estamos asimilando o acontecido hoxe. 

Estamos sen palabras para describir a experiencia vivida. 

Non ides crer o que imos contar...

TIVEMOS VIDEO-CHAMADA SADA-NEPAL!!

Puidemos vernos as caras, falar entre nós, rir, coñecernos mellor...

Estabamos moi nerviosos e contentos á vez.

Recibimos fermosas palabras e mellores sorrisos.


Só podemos agradecer a Camina Nepal e a todos os nenos e nenas de

 Hetauda o que están a facer por nós.


Estamos desexando voltar a vervos.


21 febrero 2024

A nosa escola en Hetauda

 

Aínda que pareza incríble, dende a distancia, a nosa escola, a nosa aula, está a facer unha lonxana viaxe. 

Xa sabedes que fai pouco Sada y contornos coñeceu Nepal, e hoxe, recibimos a fermosa sorpresa de estar xa presentes en Hetauda.


Os nosos amigos e amigas nepalís recibíronos con moito agarimo e fixeron unha fermosa obra de arte que non esperabamos.

Estamos inmensamente agradecidos. 



Agardamos estar en contacto con vós, aprendendo e camiñando da man cara un mundo solidario, ao longo dos anos. 

Que a aventura continúe!

Plan Director Convivencia: Tecnoloxía.

 


Hoxe recibimos unha visita especial do corpo da Garda Civil. 


Fernando, compartiu con nós unha sesión para achegarnos aos perigos 

 das redes sociais, os videoxogos, o uso incorrecto dos 

dispositivos, as cuestións legais...

Poidemos resolver moitas dúbidas, facer todas as nosas consultas e

 aprender dos erros neste campo da tecnoloxía.


Imos facendo camiño para ser usuarios responsables destos medios.


20 febrero 2024

Correpondencia Intercentros


 Ao longo deste trimestre estivemos a traballar a carta.

Aprendemos sobre os tipos, a súa estrutura, o lenguaxe a empregar e...

como non podía ser doutro xeito, tiñamos que practicar e escribir.

Así pois, para facelo máis interesante e significativo puxémonos en 

contacto cos grupos de 5º de primaria do CEIP Wenceslao Fernández 

Flórez (Cambre). 

E para que vexades como vai o proxecto...

1. Enviamos unha carta colectiva aos nenos e nenas de Cambre para sorprendelos.


2. Enviamos unha presentación de nós mesmos e a nosa unión con cada un deles/as.
 3. Escribimos as nosas cartas.

4.Xa están en camiño.


E agora agardamos a respostas con moita ilusión.
 

19 febrero 2024

O noso cole chega a NEPAL


 Onte recibimos unha enorme sorpresa. Zalo, o noso amigo e guía na  aventura: coñecendo Nepal, chegou a destino e... 

LEVOUNOS CON ÉL

O CEIP Sada y sus Contornos está en NEPAL e estamos moi agradecidos e orgullosos desta andaina.





Agorda agardamos con ansias e ilusión a chegada das nosas cartas a  Hetauda.

Grazas e mil grazas CAMINA NEPAL.



09 febrero 2024

Entroido 2024


 Aínda que a choiva impediu os noso plans de entroido, na nosa aula,

 non deixamos pasar a oportunidade dun día de troula. 

Xogamos a xogos en equipo, disfrutamos dunha película, compartimos

 alimentos típicos desta data e estivemos de festa cos nosos mellores

 sorrisos e disfraces.