17 abril 2016

15 de Abril.Cumple de Denis.Parabens!

8 de Abril. Aproximación ao Arte na Fundación María José Jove.

Con Patricia, que nos estivo explicando todo dun xeito moi lúdico e sinxelo, aprendimos sobre a linguaxe que falan os pintores: figurativo,surrealismo,cubismo...sobre Luis Seoane,Picaso,Maruja Mallo, Kandinsky,Tapies,Mateo Maté, etc...e vimos ata unha instalación artística de Cristina Iglesias chamada "Habitación vegetal IV" onde puidemos entrar e descubrir a sensación que nos produce introducirnos nunha obra de arte. Despois fixemos un xogo de búsqueda de pistas, tiñamos que observar ben as obras e contestar nun cuestionario, fixémolo e pasámolo moi ben.