13 febrero 2015

11 febrero 2015

Navega con rumbo

Internet representa un mundo de posibilidades para o lecer e a aprendizaxe pero tamén supón unha serie de riscos, como son os contidos inapropiados ou a facilidade de contacto con persoas que non son sempre o que semellan ou din ser. Un dos obxectivos do programa ABALAR é a formación nunha navegación segura. O Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo inclúe unha serie de guías dirixidas ao alumnado, ao profesorado e ás nais e pais. As guías pódense visualizar e descargar aquí.

O día 11 de febreiro de 2015 estivo no noso colexio Marisé, do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, para explicar aos nenos e nenas de 5º e  6º cursos de educación primaria como deben realizar unha navegación segura por Internet.

10 febrero 2015

Malala e a Paz

Nestas semanas coñecimos un pouco da vida de Malala e da súa loita polos dereitos das nenas á educación. Aquí están os traballos que fixemos co motivo do Día da Paz.

09 febrero 2015

O crebanoces

Hoxe gozamos no Teatro Colón do Crebanoces, a adaptación á Ópera para nenos/as do conto que Hoffmann e da música que compuxo, para o ballet do mesmo nome, o célebre Tchaikovsky.

06 febrero 2015

Balor na acción dunha cadeira

Hoxe fomos ver "Balor na acción dunha cadeira" no teatro Colón da Coruña. Ao final da obra poidemos falar co seu director Roi Fernández e cos actores que a protagonizan.
Para máis información sobre a obra: Balor na acción dunha cadeira
Trailer do documental BALOR:
Balor (a little Galician accent but good) from Roi Fernandez on Vimeo.

03 febrero 2015

Plan Director de Convivencia

No mes de xaneiro tivemos dúas charlas de formadores da Garda Civil dentro do Plan Director de Convivencia. Os temas dos que nos falaron foron as drogas e os riscos de Internet.
Aprendimos moitas cousas.