De 2014 ao 2018...catro anos de lecturas...e a seguir.
23 abril 2018
18 abril 2018
Somos Biosfera 2018: Visita á Telva e a Gatocán do alumnado de 5º.
Dentro do Programa de Educación
Ambiental Somos Biosfera 2018, o luns 16 de abril participamos nunha saída para
coñecer a Estación de Tratamento de Auga Potable da Telva en Cambre e as
instalacións da protectora de animais Gatocán en Coirós.
Foron dúas visitas moi interesantes.
Na Telva explicáronnos o proceso de potabilización da auga que chega ás nosas
casas e a facer un uso responsable deste ben tan preciado.
En Gatocán vimos os gatos e cans que teñen acollidos, que
son máis de 150. Puidemos xogar con eles e levámoslles comida para axudar a
esta protectora. Animamos a todos a que colaboredes con eles.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)