Dentro do Programa de Educación
Ambiental Somos Biosfera 2018, o luns 16 de abril participamos nunha saída para
coñecer a Estación de Tratamento de Auga Potable da Telva en Cambre e as
instalacións da protectora de animais Gatocán en Coirós.
Foron dúas visitas moi interesantes.
Na Telva explicáronnos o proceso de potabilización da auga que chega ás nosas
casas e a facer un uso responsable deste ben tan preciado.
En Gatocán vimos os gatos e cans que teñen acollidos, que
son máis de 150. Puidemos xogar con eles e levámoslles comida para axudar a
esta protectora. Animamos a todos a que colaboredes con eles.
Comentarios
Publicar un comentario