Por fin está rematada a fermosa liña do tempo elaborada polo alumnado de 5º EP, dentro do proxecto MIS+, tras a realización de entrevistas a mulleres importantes da súa vida co obxectivo de coñecer as diferenzas existente entre o pasado e presente.
Chegaron a conclusión con esta investigación da importancia de valorar o papel da muller na sociedade e ao convencemento absoluto da necesidade de igualdade de xénero.
Noraboa a tod@s!
Se clicades nos símbolos + obteredes maior información sobre cada unha das mulleres participantes.
Comentarios
Publicar un comentario