O pasado luns, 19 de abril, visitamos o Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos para realizar unhas litografías. Á saída do bus esperábanos Ignacio, que nos contou algo de historia e curiosidades sobre o edificio do CIEC . Unha vez dentro, María e Marta explicáronnos distintas técnicas e realizamos a nosa propia litografía. Finalmente, durante a visita á exposición tivemos a sorte de coñecer a Xesús, artista e fundador do CIEC. Gustounos moito!
Clicando nas imaxes podedes acceder as fotos da actividade e as litografías que fixemos:
Comentarios
Publicar un comentario