19 abril 2021

Bosque de bosquexos

A nosa aula participou no certame de creación artística "Bosque de bosquexos", promovido polo Concello de Sada e co motivo da nova inauguración do novo parque infantil das Brañas.

A ilustración seleccionada polo alumnado, entre todas as da aula, foi a de Mar, que acudiu o pasado sábado acompañada por Enma e Jose Andrés a representar o seu debuxo na árbore.

Clicando na  primeira imaxe pódense ver as nosas ilustracións.

E clicando na seguinte imaxe poderedes ver fotos realizando a actividade:


No hay comentarios:

Publicar un comentario