Hoxe, Ignacio, Fran e Miguel estiveron con nós na aula para preparar a seguinte visita organizada pola Reserva da Biosfera. Desta vez será unha ruta de sendeirismo.
Miguel, que foi profesor noso en 3º de primaria, falounos dos muíños de auga: a súa orixe, as partes, os tipos... Tamén nos explicou como se iniciou o cultivo dos cereais. Empezamos na Prehistoria e chegamos á Idade Media. Aprendemos cousas moi interesantes sobre o aproveitamento da forza da auga para diversos usos.
Estamos desexando facer a ruta!
Clica na imaxe para ver as fotos da actividade
Comentarios
Publicar un comentario