Fermosas e únicas como folerpas

 


A nosa entrada de hoxe está adicada acada un de nós. Estivemos a facer unha actividade moi interesante do Colexio do Benquerer na que aprendemos a valorarnos tal e como somos e ver na diversidade un símbolo de riqueza.

Creamos con papel folerpas de neve e decatámonos de que cada unha tiña algo de especial, ningunha era idéntica a anterior, do mesmo modo que sucede coas persoas.

Somo únicos e aínda así temos máis en común do que nos diferencia.



Comentarios