Traballando a Biografía

 

DOLORES CAAMAÑO, DÍPATACA

Mañá será un día especial para todos nós, xa que recibiremos unha visita moi esperada.

Como este curso estamos a traballar sobre o consumo responsable, a industria textil, os residuos que xenera... falaremos con Dolores Caamaño, unha muller galega, referente no mundo da moda sostible ou Slow Fashion, quen coa enerxía que a caracteriza,o agarimo con que realiza todas as súas actividades... compartirá unha xornada ao noso carón para explicarnos a súa andanza neste mundo, realizar un obradoiro cos rapaces e rapazas de quinto e algunha que outra sorpresiña máis.

Así pois, non podíamos quedar cos brazos cruzados e estivemos a investigar sobre ela mentres aprendemos sobre as BIOGRAFÍAS.


Comentarios