Hoxe tivemos a nosa primera saída da escola despois de tanto tempo. Estabamos emocionados e con moita gana de gozar do aire libre cos nosos compañeiros e compañeiras.
Dado que seguimos a traballar sobre o noso proxecto anual de moda sostible, visitamos a fábrica téxtil Jevaso en Arteixo onde puidemos aprender sobre todo o proceso de creación dunha prenda de roupa e a súa distribución a tendas, particulares, venta online.
Asemade vimos as posibilidades que teñen as prendas que son xa rexeitadas en temporada, que é o que máis nos interesa neste momento a nós.
Tivemos a gran sorte de levar para a escola unha caixa chega de teas, retales, botóns... e moito máis que servirán de axuda ao noso proxecto. Convertiremos isto en cousas útiles amosando así que podemos cambiar o mundo xuntos.
Máis fotos facendo clic na seguinte imaxe:
Comentarios
Publicar un comentario