PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS

Xunto cos nosos compañeiros e compañeiras de 6º elaboramos un mural nunha das paredes do patio. Empregamos pinturas fotocatalíticas anticontaminación, que non só non contaminan, senón que ademais absorben e depuran os contaminantes que hai no aire, coma os óxidos de nitróxeno e outros gases contaminantes da industria e o tráfico rodado (cada metro cadrado desta pintura equivale ao efecto depurativo que achega ao medio ambiente unha árbore adulta).

Facede clic na imaxe para ver o resultado.


Comentarios