Día importante na nosa escola. A biblioteca por fin abre as portas neste curso e coma cada ano, cunha proposta e misión nova para toda a comunidade educativa.
Xa descubrimos o porqué do título do proxecto "SaDaBona" grazas a sesión de contacontos que gozamos en compañía de Lecturitas.
Compartimos o conto con vós para que poidades comprender todo.
Aínda que se tedes dúbidas, preguntade. Somos uns especialistas.
Comentarios
Publicar un comentario