Comeza a Investigación


Día de investigación. Hoxe visitamos a Lecturitas no recuncho de biblioteca adicado a mediación e resolución de conclictos. Alí atopamos a nosa mascota cunha fermosa maleta antiga, a bola do mundo, unha estraña bolboreta e varios libros de viaxe. 

Estivemos a falar, observar, ver, ler... e finalmente descubrimos cinco pegatinas na maleta de Lecturitas que constitúen unha pista imprescindible para coñecer os lugares da súa viaxe. 

Así voltamos a aula e comezamos a indagar sobre os continentes que visitou, países, cidades, lugares máis representativos, as súas características e algunha que outra curiosidade. 

Cando rematemos o traballo, amosaremos os resultados. 

Investigadores a contra-reloxo. O día 11, Lecturitas precisa as respostas. 

Comentarios