Día Internacional Parálise Cerebral

Hoxe conmemoramos unha data especial: O día internacional da Parálise Cerebral.

Fomos invitados por Aspace para participar dun acto de concienciación sobre a importancia da atención temperá, o respeto e a convivencia.
En primeiro lugar plantamos unha semente nunha maceta como símbolo de inicio, coidado, crecemento...
Así de bonitas as levamos á casa para levar a mensaxe a nosas familias.
E cando xa todos tiñamos as nosas plantiñas, puidemos compartir con usuarios de Aspace un chisco do noso tempo. 
Para rematar, escoitamos as intervencións das autoridades de Aspace, o noso Concello e por suposto, o manifesto desta data. 
Aprendemos sobre respecto, integración, inclusión e igualdade.
 
Faremos do noso mundo un lugar mellor.

Para más fotos, facede clic sobre a cámara. 

Comentarios