Hoxe recibimos a visita de Potato que sempre acompaña a nosa orientadora, Lucía, nas súas andainas.
Este curso tiña moito que dicir e preguntar:
1. Quería saber de nós, de cómo levamos o inicio do curso, que camiño seguimos para chegar, se empregamos algún transporte ou viñamos camiñando. Comezou a sesión un pouco "cotilla". Pero todo ten o seu porqué.
2. Logo contounos un conto fermoso e cheo de aprendizaxes que nos achegou á realidade de moitos nenos e nenas do mundo no seu camiño á escola.Descubrimos que somo moi afortunados.
3. Achegounos novamente á labor do Departamento de Orientación na nosa escola e todo o que pode aportarnos e axudarnos. Non debemos esquecer o blogue con toda a información e un cuestionario persoal e privado para poder comunicar con Lucía sempre que o precisemos.
https://orientacionsadaybergondo.blogspot.com/
4. E por último, e non o esperabamos, apareceu Lecturitas.
Comentarios
Publicar un comentario