Carreira ENKI


Este é o noso segundo ano como participantes na carreira ENKI no cole, a prol dun mundo inclusivo, igualitario e empático.

Para conmemorar o 3 de decembro puxémonos na pel das persoas con diversidade funcional e así decatarnos das barreiras existentes.

Pero tamén para darnos conta de que as diferenzas non son tan grandes, enriquecen as nosas vidas e fannos capaces de superalo todo.

Coles + inclusivos = Persoas máis felices.

Diversión, solidaridade e empatía ao longo de toda a xornada.


Non vos perdades o álbum desta actividade. Non ten desperdicio.

 

Comentarios