Experiencia Portugal

 


Hoxe recibimos novamente visita especial.

A nai de Vicky e Joao quixo compartir con nós a súa infancia e raíces portuguesas.

Puidemos aprender da súa man sobre a súa familia, tradicións, escola, trucos, bandeira, historia, lendas... un sinfín de aprendizaxes.

Temos que agradecer de corazón o seu agarimo e todo o esforzo invertido nesta experiencia.

E por se fose poco, recibimos a bandeira portuguesa asinada polo presidente de Braga, un galo de Barcelos coa súa famosa lenda, quentamos as nosas mans a antiga usanza portuguesa, degustamos doces típicos e cada un de nós levou de regalo un chaveiro.

Non pode perdise máis.

Grazas.


Non vos perdades todas as fotos desta visita.

Comentarios