Experiencia Chile


Hoxe tivemos a oportunidade de aprender sobre Chile da man da familia do noso compañeiro Marco.

Seu pai, súa nai e a avoa estiveron con nós na clase e deixáronos sen palabras.

Todos e todas estivemos moi atentos as marabillas que nos puideron contar sobre Chile, a súa lonxitude, o seu relevo, fauna, volcáns, gastronomía...

De seguro non esqueceremos esta visita.

Grazas familia por formar parte do noso proxecto.


Comentarios