27 febrero 2024

PRIMAVERA DAS LETRAS

 


Hoxe a nosa escola viviu un acontencemento único xa que fomos seleccionados para ser os protagonistas da Primavera das Letras 2024, unha iniciativva anual da RAG para conmemorar aos homenaxeados das letras galegas. 

Así pois, esta mañá recibimos a visita de distintas personalidades: Fina Casalderey, presidente da RAG, irmá da homenaxeada Luísa Villalta, alcalde do noso concello, concelleira de cultura e educación...  e gozamos do espectáculo a cargo dos nosos compañeiros e compañeiras de 6º de Primaria na Casa da Cultura. 


Desta vez, o noso curso, foi representado por Gabriel, quen participou activamente dende a musicalización da obra. Estamos moi orgullosos del. Noraboa compañeiro!


Se queredes ver máis fotos facede clic sobre a seguinte imaxe da homenaxeada Luísa Villalta.


E para máis información sobre a nosa participación da PRIMAVERA DAS LETRAS... clic sobre a cabeceira seguinte. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario