06 marzo 2024

CHEGADA DE CORREO

 


Hoxe foi un día moi especial.

Despois dunha longa espera (dende a perspectiva das ganas que tiñan), hoxe, por fin... recibimos CARTAS do CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ (CAMBRE)



Foi un momento único. Todos e todas estaban desexosos de ter as súas cartas nas mans.

Cada liña lida era un novo sorriso, un xesto cómplice, unha sorpresa... o que coñecemos como... 



Aprender a través de compartir experiencias é un algo indescriptible. Continuaremos a aventura no terceiro trimestre. 

GRAZAS CEIP WENCESLAO, por unirvos a nós neste mundo da educación, GRAZAS Fran e Alexandra pola vosa implicación e MIL GRAZAS nenos e nenas de 5º A e B polo voso agarimo e entusiasmo.

Estamos a forxar novas amizades. 







No hay comentarios:

Publicar un comentario