08 marzo 2024

DÍA DA MULLER

 

Para conmemorar o día de hoxe, a aula de quinto recibiu unha visita especial da man de CRUZ VERMELLA. 

Puidemos comprender, no marco do noso proxecto anual, a migración dende diversas perspectivas, e sobre todo, dende a visión dunha muller que fixo fronte a deixar o seu país atrás (Venezuela) en busca dunha mellor vida.

Aprendemos sobre o que implica dende un punto de vista emocional, laboral, realista... todo o que supón a chegada a un país diferente, as formas de adaptarse a unha nova cultura, os pros e os contras...

Unha sesión chea de realidade e con moitas aprendizaxes para a vida. 







No hay comentarios:

Publicar un comentario