15 marzo 2024

Punto Laranxa


O Punto Laranxa é unha medida impulsada desde a Xunta de Galicia co obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso non centros educativos, grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. 

Hoxe, Lucía, a nosa orientadora, achegouse á aula de quinto para explicarnos o seu funcionamento a través dunha curtometraxe e coa axuda do seu inseparable amigo "Potato".


 

 




Así entendemos o que debemos facer: 

 1. Escribor de maneira anónima a nosa mensaxe nun lugar onde nos sintamos seguros/as.

 2. Localizar o Punto Laranxa do centro.

 3. Depositar na caixa do Punto Laranxa a mensaxe (esta caixa só pode ser aberta polo equipo docente encargado de loitar contra o acoso escolar). 


No hay comentarios:

Publicar un comentario