Para conmemorar o día do libro, este ano participamos nun mercadillo lector solidario a favor de Médicos sen Fronteiras.
Todos e todas aportamos libros que formaron parte do posto de venda e logo, puidemos adquirir un para darlle unha segunda vida a lectura e aportar o noso gran de area para que esta ONG continúe a súa labor.
E, por suposto, non puidemos deixar pasar a oportunidade de compartir novamente cos nosos titorizados e titorizadas a dinámica de apadriñamento e amadriñamento lector.
O tempo de ler de hoxe foi compartido e sen dúbida deixanos imaxes tan fermosas como estas.
Comentarios
Publicar un comentario