Hoxe foi un día moi especial.
Participamos nunha xornada de convivencia a prol da Educación física, hábitos saudables, saúde mental... xunto cos centros educativos da nosa contorna.
Puidemos disfrutar da realización de múltiples actividades: xogos populares, taekwondo, danza, salvamento, karts...
Pasamos unha mañá realmente divertida e moi ben aproveitada.
Temos que destacar o papel da nosa compañeira Vicky, xa que foi a encargada de representar a nosa escola, no manifesto a favor da actividade física e a saúde.
Merece un moi forte aplauso.

Non vos perdades ningunha das nosas fotos, tedes un bo álbum para achegarvos á nosa experiencia.
Comentarios
Publicar un comentario