Convivencia SadaBona



Por fin chegou o gran día.

 Despois de todo un curso traballando sobre nós mesmos, o mundo que nos arrodea, o continente asiático e sobre todo achegándonos a Nepal moi ben acompañados por...

Hoxe gozamos dunha xornada de convinvecia intercultural. Cada aula, cada ciclo amosou unha parte do mundo, as súas aprendizaxes e xuntos compartimos tempo, espazo, xogos... co obxectivo de comprender que A ÚNICA RAZA QUE EXISTE É A HUMANA.

Nós, por suposto, continuamos a nosa labor e implicación coa ONG Camina Nepal, xa que queremos aportar o noso gran de area aos amigos e amigas que fixemos en Hetauda (xa estamos desexosos de compartir máis experiencias ao voso carón).

1. Repartimos folletos informativos da ONG axudando a transmitir a súa incríble labor.

2. Demos a coñecer Nepal como país. 

3. Contamos a nosa experiencia a través deste proxecto (a pesar de que o aire non nos deu tregua e estragou a nosa exposición). 


4. Presentamos aos nosos irmáns e irmás nepalís con moita ilusión e orgullo.

5. Recaudamos algúns fondos a través da venda de produtos traídos de Nepal. 

GRAZAS FAMILIAS E PROFES por botarnos unha man. 


GRAZAS CAMINA NEPAL por camiñar ao noso carón. 

Para máis fotos da xornada completa...



Comentarios