Acaba de poñerse en funcionamento a promoción deste curso do programa TEI, que se leva aplicando dende fai máis de 6 cursos.
O TEI é un programa de convivencia para a prevención da violencia e do acoso escolar que se basea na tutorización entre iguais. É dicir, o alumnado maior (5º) tutoriza emocionalmente aos compañeiros de dous cursos máis pequenos (3º).
Foi Lucía, a orientadora do cole, a que acudiu á nósa aula a presentarnos o programa, explicarnos en qué consiste e darnos algúns consellos e estratexias básicas que nos axudarán durante a nósa labor.
Deixamos un tempo para sopesalo e tomar consciencia da responsabilidade que conleva, pero ao día seguinte todos decidimos asinar o compromiso e querer ser parte do programa.
Posto que é unha función moi importante para que o centro funcione mellor e aprendamos a convivir tod@s xuntos, o nomeamento tiña que ser oficial. Deste xeito, hoxe acudiron ao centro Benito (o alcalde) e Rebeca (a concelleira de Educación) como representantes do concello para presentar xunto a Andrés, Lucía e as titoras de 5º, un acto no que nos entregaron un diploma conforme se nos nomeaba como titores e titoras.
Aquí vos deixamos imaxes do acto:
Estamos desexando coñecer aos nosos titorizados!
Comentarios
Publicar un comentario