5ºA polo 25 de novembro

 Aquí vos deixamos a nosa aportación ao mural do 25 de Novembro, día no que se reivindica a loita contra a violencia de xénero.

Na clase estivemos reflexionando sobre algunhas frases que podemos escoitar e que inclúen ideas machistas coas que precisamos acabar para lograr unha sociedade máis xusta e igualitaria: corres coma unha nena; muller ao volante, perigo constante; non sexas nenaza; etc.

Despois de facer unha chuvia de ideas entre todos, a escollida foi: Ti mandas en ti.

Aquí tedes unha fotografía do bocadillo que elaboramos e colocamos no mural en boca de Bianca Castafiore, a personaxe feminina do cómic da nosa aula (Tintín).



Ademáis, o propio día 25, todo o centro acudiu ao auditorio da Casa da Cultura para asistir a un contacontos sobre as obras "Arturo e Clementina", "Rosa Caramelo" e "Os bonobos con gafas".











Comentarios