Para finalizar a Unidade 3 de Naturais, onde investigamos sobre as plantas, dividímonos por grupos de interese para elaborar uns orixinais traballos:
- Un cómic cos vexetais como protagonistas
- Dúas infografías sobre a fotosíntese (en versión papel e a ordenador)
- Unha presentación sobre as margaridas
- Un póster sobre cómo coidar unha Ave do paraíso
- Un xogo de curiosidades sobre as plantas
- Unha infografía con curiosidades sobre os cactus
Ao fin e ao cabo... na variedade está o gusto, e non hai mellor forma de aprender que decantándonos por aquilo que mais nos gusta e mellor se nos da. Como proba diso aquí vos deixamos imaxes do momento:
Comentarios
Publicar un comentario