Este mes de xaneiro, o alumnado de terceiro ciclo recibimos un novo reto para o concurso de Palabreando: debíamos elaborar unha sopa de letras coas palabras escollidas de cada semana.
Para iso, seguimos estos pasos:
- Recompilamos as palabras das catro semanas de clase e elaboramos en gran grupo as súas definicións.
- Colocamos un folio branco sobre unha plantilla cunha cuadrícula.
- Escribimos as catro palabras escollidas e colocámolas onde queríamos que aparecesen.
- Enchimos o resto de buratos con letras ao azar.
- Escribimos na parte baixa as definicións das palabras a buscar e incluso algún debuxo.
- Cada un de nós decorouno ao seu gusto.
Aquí vos deixamos algúns dos resultados, veredes qué chulada!
PD; sodes quen de atopar as palabras?
Comentarios
Publicar un comentario