O Día de Internet Segura é unha efeméride impulsada desde 2004 pola Comisión Europea para promover un uso seguro e responsable das tecnoloxías dixitais, especialmente entre menores e mocidade. Na actualidade celébrase en 180 países.
Para difundilo nas aulas, conectámonos á retransmisión en directo do INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade). Concretamente, participamos no obradoiro didáctico interactivo: “Piensa, conecta y elige tu camino en Internet”.
O obradoiro serviunos para traballar a toma de decisións intelixentes dronte al ciberacoso, contidos perxudiciais ou retos virales.
Comentarios
Publicar un comentario