No día de hoxe tivemos a oportunidade de facer un obradoiro na clase coa entidade STOP Accidentes, co obxectivo de seguir dando a coñecer a iniciativa posta en marcha este curso: o camiño escolar seguro.
Consiste na creación dunha serie de rutas e percorridos seguros para acceder ao nóso centro e permite, á súa vez, que aqueles que o empreguen, poidan acceder ao cole cinco minutos antes.
No taller de hoxe, a responsable de STOP Accidentes fíxonos reflexionar sobre os nosos comportamentos relacionados co tráfico, tanto de peóns coma de pasaxeiros ou incluso condutores/as de bicicletas, monopatíns... .
Na seguinte ligazón podedes ver toda a información sobre a iniciativa e apuntarvos.
Comentarios
Publicar un comentario