Celebrando a Rosalía

 

O 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro, unha data moi especial para lembrar e homenaxear a nosa gran poetisa. 

Por iso, fixemos diversas actividades para achegarnos á súa obra e coñecer a súa poesía.

Na nosa aula fixemos unha actividade moi interesante: creamos tiras cómicas inspiradas en versos de Rosalía! Cada un de nós escolleu un fragmento dun poema e transformouno en pequenas historias ilustradas. 

Diseño de Fatima Reino

A nivel de centro, construímos un gran poema en viñetas. A obra leva por título "Cando a luniña aparece" e cada clase encargouse dunha parte, interpretando os versos con debuxos. O resultado foi este fermoso mural que vedes aquí:



Ademais, alumn@s de todos os cursos puxeron voz ao poema no vídeo que vos deixamos aquí:



Comentarios