🔬 Explorando a masa, o volume e a densidade

Esta semana, na clase de Ciencias Naturais, puxemos en práctica os nosos coñecementos sobre masa, volume e densidade cunha actividade moi interesante.

Traballamos en grupos para medir a masa de diferentes obxectos usando unha báscula, e despois calculamos o seu volume empregando a técnica do desprazamento de auga en xerras graduadas.

Unha vez obtidos estes datos, calculamos a densidade de cada obxecto empregando a fórmula:

📏 Densidade = Masa ÷ Volume

Despois, chegou o momento de reflexionar sobre os valores obtidos: Que obxectos flotaban? Cal era a súa relación coa densidade da auga? Descubrimos que aqueles cunha densidade menor ca a da auga flotaban, mentres que os máis densos afundían.






Comentarios