Esta semana nas clases de matemáticas estivemos aprendendo sobre a masa e hoxe quixemos consolidalo dunha maneira práctica: elaborando galletas!
Para facer as nosas galletas, utilizamos plátano, avea, azucre moreno, chocolate e unha pizca de canela. Pero primeiro tivemos que calcular as cantidades necesarias de cada ingrediente, para logo pesalos con precisión. Así, aprendemos a importancia das medidas exactas na cociña e como se empregan gramos e quilogramos na vida cotiá.
Unha vez que mesturamos os ingredientes seguindo as proporcións correctas, demos forma ás galletas e metémolas no forno.
Finalmente, chegou o mellor momento: a degustación! Para a maioría de nós, as galletas estaban riquísimas (ainda que outros foron un pouco reticentes á súa textura).
Sen dúbida, foi unha maneira deliciosa de aprender sobre a masa e a súa importancia tanto nas matemáticas como na vida diaria!
Soy la madre de Antonella y quiero saber cuando van a hacer más galletas porque me encantaron :)
ResponderEliminar