Hoxe, no Día do Amor, compartimos con moita ilusión un traballo especial que fixemos en gran grupo: a adaptación a cómic da primeira escena de Os vellos non deben namorarse, de Castelao.
Nesta escena, a fermosa Lela e o boticario Saturio protagonizan unha historia de amor marcada polo destino e a vellez. Cada alumno e alumna da clase debuxou unha viñeta, e entre todas e todos montamos o cómic completo. O resultado é unha homenaxe visual a esta obra clásica da nosa literatura, cun toque creativo propio.
Esperamos que vos guste tanto como nós gozamos facéndoo! ❤️📖💬
Comentarios
Publicar un comentario