O “Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos os seus entornos” ofrece aos centros a posibilidade de solicitar charlas informativas impartidas por expertos das forzas e corpos de seguridade sobre diferentes temáticas que favorezan a mellora da convivencia e o achegamento destes profesionais aos cidadáns ao mesmo tempo que facilita actuacións moi en consonancia coa acción titorial desenvolvida nos centros.
Este martes, o alumnado de 5º A tivo a oportunidade de recibir a unha interesante charla impartida por un membro da Garda Civil. Nesta sesión, abordáronse temas fundamentais sobre o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) e os riscos que poden implicar.
Levounos a reflexionar que as TIC forman parte do noso día a día, tanto para o ocio como para a aprendizaxe, mais debemos facer un uso responsable delas. O Garda Civil insistiu en que é fundamental utilizar as redes con sentidiño, sendo conscientes da información que compartimos e dos perigos aos que nos podemos enfrontar.
A sesión fixo fomentar unha maior concienciación sobre a seguridade dixital ou ciberseguridade. O alumnado participou activamente, formulando preguntas e compartindo as súas dúbidas, o que fixo que o encontro fose dinámico e proveitoso para todos.
Comentarios
Publicar un comentario